A maxia dos Reis Magos chega a Oza-Cesuras cun encontro infantil no pavillón de Dordaño

ACoruñaXa
A cita será o luns 5 de xaneiro ás 17.00 no Pavillón Casagrande de Dordaño, con hinchables, merenda e a entrega de cartas ás Súas Maxestades
OZA-CESURAS cabalgata reis
2 Jan 2026

Oza-Cesuras prepárase para vivir unha tarde chea de ilusión coa chegada dos Reis Magos. A celebración terá lugar o luns 5 de xaneiro no Pavillón Casagrande de Dordaño, a partir das 17.00 horas, cun encontro pensado especialmente para as nenas e os nenos do municipio.

A proposta inclúe hinchables, merenda e diferentes sorpresas para completar a xornada, nun ambiente festivo orientado ás familias. Ademais, as Súas Maxestades de Oriente manterán un encontro directo coa cativada, que poderá entregar as súas cartas, pasar un anaco con Melchor, Gaspar e Baltasar e levarse unha lembranza coa posibilidade de facerse fotos.

Desde a organización animan á veciñanza a achegarse para compartir unha tarde ‘inesquecible’, nun acto que busca reforzar a tradición do Nadal e converter a véspera de Reis nun momento especial para gardar na memoria.

⚙ Configurar cookies
0.072173833847046