A Manifestación do Orgullo LGTBI+ da A Coruña será o venres 28 de xuño

ACoruñaXa
Baixo o lema, 'Educación, dereitos e paz: Orgullo que transforma', ALAS A Coruña quere facer fincapé no carácter político e reivindicativo da manifestación
Imaxe do cartel da Manifestación do Orgullo LGTBI+ da A Coruña
19 Xuño 2024

A asociación LGTBI+ ALAS A Coruña convoca a toda a cidadanía a sumarse á manifestación do 28 de xuño na Coruña, que partirá ás 19.30 da praza de Ourense (zona da Rosaleda) e finalizará coa lectura do manifiisto na praza de María Pita.

Baixo o lema, 'Educación, dereitos e paz: Orgullo que transforma', ALAS A Coruña quere facer fincapé no carácter político e reivindicativo da manifestación que pecha un Orgullo con máis dunha ducia de actividades propias.

Este 2024, ALAS A Coruña, como entidade da Federación Estatal LGTBI+, quere concienciar da necesidade dunha educación en diversidade, tal e como mandata a lexislación, e insta á Xunta de Galicia a que faga cumprir esta normativa nos centros educativos a todos os niveis. É imprescindible que os avances conseguidos coa Lei Estatal LGTBI sexan implementados a nivel autonómico. Igualmente, esixe aos gobernos autonómico e municipal, unha solución aos problemas de persoal do COF de Orillamar (A Coruña), un servizo esencial, máis tendo en conta que en Galicia non existen clínicas dedicadas ao coidado da saúde sexual.

ALAS A Coruña lamenta que, por quinto ano consecutivo, e a piques de finalizar o mes do Orgullo, siga sen ondear a bandeira LGTBI+ no Concello da Coruña, a diferenza doutras institucións como as sedes da deputación ou a delegación do goberno. Nos últimos anos estamos a ver como os Orgullos de cidades como Valencia ou Palma están a ser mercantilizados, co desprazamento do discurso activista sobre os dereitos humanos e sendo baleirados de contido reivindicativo por parte de empresarios, coa complicidade dalgunhas administracións.

En palabras da presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández: “Tras o avance da extrema dereita en Europa xunto cos seus discursos de odio contra os grupos máis vulnerables, é máis necesario que nunca volver ás orixes do Orgullo e reivindicar a necesidade de atender aos problemas reais da comunidade LGTBI+ os 365 días do ano”.

CARTEL ORGULLO 24
0.16050696372986