A Liga de Judo de Oleiros bota a andar este sábado en Canide con 159 deportistas

Oleiros inicia esta fin de semana unha nova edición da súa Liga de Judo. O sábado, 24 de xaneiro, celebrarase a primeira xornada da competición municipal, na que están inscritos 159 deportistas pertencentes a nove clubs. A cita terá lugar no pavillón José Antonio García Nieto, en Canide, a partir das 10.00 horas.
Neste primeiro encontro do calendario competirán as categorías sub-9 e sub-15, nunha xornada pensada para impulsar a práctica do judo desde idades temperás. A organización corre a cargo do Concello de Oleiros, en colaboración co Judo Club Oleiros, co obxectivo de fomentar este deporte, especialmente entre nenos e nenas.