A librería Galgo Azul na Coruña acolle a presentación do novo libro da escritora Susana Ye

ACoruñaXa
Dende SOS RACISMO GALICIA, organizadores do evento, sinalan que non poden esquecer a importancia que a militancia antirracista e a comunicación con perspectiva teñen no enfoque de Susana Ye
Imaxe da presentación do libro de Susana Ye na Coruña
12 Xuño 2024

A escritora Susana Ye aterriza por primeira vez en territorio galego para presentar a súa última obra titulada 'Transhumante en arenas movedizas' na cidade da Coruña.

Susana é unha xornalista de movementos sociais antirracistas, defensora dos dereitos humanos, divulgadora cultural e documentalista sinodescendente nada en San Joan d’ Alacant e, consagrada dende hai anos como poeta.

Pódense atopar traballos dela publicados en diferentes xornais medios de comunicación. Destaca da súa extensa antoloxía o documental Chinoles y Bananas (2015), que supón un dos primeiros documentos visuais sobre a diáspora chinesa en España.

Da obra que nos ven a presentar podemos dicir que aborda unha lírica intimista a profundidade dos vínculos familiares, a relación da poeta co corpo, o condicionamento espacial presente nas cidades e os afectos na actualidade.

Dende a asociación SOS RACISMO GALICIA, organizadores do evento, saben que aínda queda moito por diante, pero sinalan que non poden esquecer a importancia que a militancia antirracista e a comunicación con perspectiva teñen no enfoque de Susana Ye, sendo relevante traer este tipo de artivismos (arte+ activismo antirracista) á comunidade galega. É por iso que parte desta presentación, acompañada de Sonia Mendes e Giada Maria Barcellona (organizadoras do evento) servirá para reflectir sobre a escritura e a conciencia crítica antirracista na actualidade.

A presentación do poemario 'Trashumante en arenas movedizas' terá lugar o domingo 16 de
xuño ás 12.30 na Librería Galgo Azul Espazo Cultural (Avenida Gramela 16-18 15010 A Coruña).

 

0.079818964004517