A IV Edición do 'Trail Concello de Miño Boucelo-San Ramón' celebrarase o 17 de novembro

ACoruñaXa
As inscricións están abertas ata o luns 11 de novembro
Cartel-iv-trail-miño
10 Out 2024

O Concello de Miño anuncia a celebración da cuarta edición do Trail "Concello de Miño", unha proba deportiva que reunirá a amantes do deporte ao aire libre nunha contorna natural única. O evento terá lugar o domingo 17 de novembro de 2024 na parroquia de Boucelo, baixo a emblemática mirada do Monte San Ramón.

Este trail, dirixido tanto a corredores experimentados como a aqueles que gozan da actividade física na natureza, contará con tres modalidades adaptadas a diferentes niveis de preparación física:

Trail Longo: 23,2 km cun desnivel positivo de 885 metros. A saída está programada para as 09.30 horas.

Trail Curto: 13,3 km cun desnivel positivo de 450 metros. A saída será ás 10.00 horas.

Andaina: Unha camiñada de entre 10 e 12 km aproximadamente, cun desnivel positivo de 250 metros. Os participantes desta categoría sairán ás 09.45 horas.

O último día para inscribirse é o luns 11 de novembro de 2024, ata as 00.00 horas. As inscricións pódense realizar a través da páxina web: www.carreirasgalegas.com.

Este evento está organizado polo equipo de Trail Galea Sport en colaboración co Concello de Miño e a Federación Galega de Atletismo. Para máis información, os interesados poden contactar coa organización mediante o correo electrónico: trgaleasport@gmail.com.

0.1025869846344