A ITV móbil de maquinaria agrícola fará parada en Vilasantar os días 26 e 27 de xaneiro de 2026

ACoruñaXa
A unidade de inspección instalarase no Punto Limpo e atenderá con cita previa en horario de mañá e tarde
VILASANTAR itv agraria
10 Jan 2026

O Concello de Vilasantar informou de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao municipio os días 26 e 27 de xaneiro de 2026. O servizo prestarase no Punto Limpo, co obxectivo de facilitar a revisión obrigatoria da maquinaria sen ter que acudir a unha estación fixa.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 pola mañá e de 15.15 a 18.00 pola tarde. Para poder pasar a inspección é necesario solicitar cita previa, ben chamando ao 981 92 80 80 ou a través da web sycitv.com, no apartado de 'Cita previa'.

⚙ Configurar cookies
0.078038930892944