A imaxinación toma a biblioteca de Coirós con 'Inventando mundos'

ACoruñaXa
O CIM de Coirós promove un obradoiro de escritura creativa con Marta Seoane Pazos para maiores de 16 anos, os martes 3, 17, 24 e 31 de marzo de 17.00 a 19.00
COIRÓS cim biblioteca
25 Feb 2026

O Centro de Información á Muller (CIM) de Coirós pon en marcha 'Inventando mundos', un obradoiro de escritura creativa pensado para mozas e mozos e tamén para persoas adultas que queiran explorar novas formas de contar. Ao longo de catro sesións, as persoas participantes traballarán a creación de ideas, personaxes e universos propios a través de propostas prácticas e inspiradoras. A actividade celebrarase na biblioteca, no Edificio de Usos Múltiples, e contará con prazas limitadas.

A inscrición pode tramitarse a través da web municipal e, para máis información, tamén se pode contactar co CIM no 981 776 296 ou no correo cim@coiros.es.

O obradoiro estará guiado por Marta Seoane Pazos, autora da novela 'Balas de papel', que achegará ferramentas e dinámicas para dar forma a historias e poñer a escrita ao servizo da creatividade.

0.079838991165161