A II Carreira Camiño Vía Verde celebrarase o 28 de setembro entre Ordes e Cerceda

ACoruñaXa
Cinco probas con saída en distintas estacións e meta en Queixas-Londoño
ORDES travesia
21 Sep 2025

A II Carreira Camiño Vía Verde terá lugar o domingo 28 de setembro entre Ordes e Cerceda. A cita, incluída no calendario autonómico, ofrece cinco probas e inscrición gratuíta ata o 24 de setembro en carreirasgalegas.com. A andaina de 6,2 km partirá ás 9.45 horas da estación de Gorgullos (Tordoia) e a carreira de 11,5 km comezará ás 10.30 horas desde a estación da Pontraga (Ordes). As probas escolares contarán con percorridos de 2 km, 3 km e 400 m, con saídas desde a estación de Queixas-Londoño (Cerceda) ás 12.00, 12.20 e 12.35 horas.

Para facilitar a loxística, establecerase servizo de autobús desde Queixas-Londoño ás 8.45 e 9.15 horas, que trasladará as e os participantes ás liñas de saída da andaina e da carreira. A meta de todas as probas estará na antiga estación de Queixas-Londoño (Cerceda), onde tamén haberá gardarroupa; ademais, o polideportivo Fernando González Laxe (Cerceda) abrirá duchas e vestiarios. A organización corre a cargo da Deputación da Coruña, en colaboración coa Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, da que forma parte o Concello de Ordes.

⚙ Configurar cookies
0.095979928970337