A historia de María Pita e Inés de Ben, as heroínas da Coruña
A praza do Concello de A Coruña atópase coroada por unha impoñente estatua de bronce dunha muller. Trátase da coruñesa María Mayor Fernández de Camará y Píta (1565), máis coñecida polo nome de María Pita e a súa figura xogou un papel moi importante para cidade no século XVI durante a invasión do exército inglés.
O día 3 de maio de 1589 as tropas inglesas chegaron a cidade de A Coruña baixo o mando do almirante e antigo corsario sir Francis Drake. O ataque formaba parte do plan la raíña Isabel I de Inglaterra para despoxar o trono de Portugal ao seu ex cuñado e antigo pretendente, o rei Felipe II. Este foi un monarca reinou en España dende o ano 1556 e en Portugal dende 1580, acadando unha unión dinástica que durou uns sesenta años entre os dous países da Península Ibérica.
Existen diferentes versións sobre o que realmente aconteceu nese día na cidade, pero delas a máis aceptada é que, logo de cerca a muralla da cidade, os soldados ingleses abriron unha brecha nela e comezaron ao asalto á cidade pola zona da actual Cidade Vella. Durante o cal mataron ao marido de María Pita, polo que chea de rabia, arrebatou a lanza da bandeira inglesa e empregouna para asasinar ao alférez que dirixía a operación e que resultou ser o irmán do almirante sir Francis Drake.
A tradición recolle que o contraataque galego levouse ao cabo ao berro de: Quen teña honra, que me sega”. Ante a forte resistencia dos coruñeses ao ataque, sumada á morte do seu oficial, á tropa inglesa quedou totalmente desmoralizada e procederon a súa retirada da cidade. María Pita foi unha das mulleres que axudou a recoller os cadáveres e a coidar dos feridos durante o combate. Estivo casada catro veces e tivo catro fillos. Cando enviuvou por derradeira vez, o rei Felipe II concedeulle unha pensión vitalicia e un permiso de exportación de mulas de España a Portugal.
Na actualidade a súa casa na Cidade Vella da Coruña é un museo aberto ao público que trata de recordar a vida de María Pita e a praza do Concello da Coruña leva o seu nome, ademais da estatua na súa honra. No monumento represéntase á heroína coa lanza coa que matou o alférez inglés mentres colle coa outra man o corpo sen vida do seu marido, Gregorio de Racamonde.
A heroína silenciosa do barrio da Peixería
Xunto estas mulleres tamén se atopaba Inés de Ben, outra das heroínas da cidade durante o cerco inglés. Cunha historia menos coñecida ca de María Pita, Inés rexentaba unha mercería e unha tenda de quincaxería (pequenos útiles metálicos) na Peixería coruñesa. O seu marido tamén morreu a mans dos ingleses, deixándoa soa cos seus dous fillos. Decidiu non quedarse quieta e rapidamente comezou a xogar un papel moi importante na resistencia da cidade. Pois, cando a munición para loitar escaseaba entre os cidadáns, Inés aportou os materiais da súa tenda (sacos de area e de pedras) para xestar o golpe final ao exército invasor.
Sen embargo o destino tíñalle preparado un final amargo a esta coruñesa. Durante a batalla recibiu dous disparos de fusil (un na cabeza e outro na coxa) e foi trasladada ao hospital, onde descubriu que se quedará parcialmente cega. En 1593 loitou contra as administracións públicas para recibir unha indemnización en acorde cos servicios prestados, tanto por ela, como polo seu esposo, Sebastián Fernández, durante a batalla. Aínda que non se coñece como rematou o preito, si se sabe que Inés de Ben morreu na indixencia e que foi soterrada nunha fosa común. Un triste final para unhas das mulleres que loitou con esmero pola liberdade da cidade.