A Garda Civil de Tráfico organizou unha exposición polo seu 65 aniversario

ACoruñaXa
A mostra fai un percorrido pola historia da Garda Civil de Tráfico con unha exposición de motos e traxes históricos pero tamén do material máis moderno
a subdelegada e os policias no 65 aniversario da garda civil de trafico
A subdelegada do Goberno na exposición
22 Jul 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou a exposición organizada pola Agrupación da Garda Civil de Tráfico con motivo do 65 aniversario deste corpo. A subdelegada estivo acompañada do Tenente Coronel Xefe del Sector de Tráfico de Galicia, Antonio Hidalgo Romero e de José Ángel Corral Segade, Comandante Xefe del Subsector de Tráfico na Coruña.

A subdelegada quixo trasladar a súa felicitación polo desempeño da súa tarefa diaria aos 268 axentes, mulleres e homes que integran o Subsector de Tráfico da Coruña e que forman parte unha plantilla que chega en Galicia ata os 854 axentes da Garda Civil de Tráfico.

Neste 65 aniversario, a subdelegada María Rivas, sinalou que dende a constitución do corpo con apenas 560 efectivos ata os case 9.000 que hai hoxe repartidos por todo o Estado, a Agrupación de Tráfico "ten sido un pilar fundamental para protexer e custodiar as vías de comunicación, garantindo co seu traballo a seguridade diaria dos milleiros de persoas que transitan por elas".

A longo destes 65 anos, foron máis de 10.000 os alumnos e alumnas que pasaron pola escola da Agrupación que actualmente está en Mérida, o que permitiu ao longo do tempo mellorar o servizo que presta a Garda Civil de Tráfico.

Na xornada de portas abertas, faise un percorrido pola historia da Garda Civil de Tráfico con unha exposición de motos e traxes históricos pero tamén do material máis moderno. De feito hoxe a mellora continua da formación e das dotacións materiais permitiu a evolución transversal do seu traballo que abrangue dende a investigación ata a vixilancia aérea, todo elo dotado de moderna tecnoloxía que axiliza as dilixencias e sirve para reforzar a vixilancia nas estradas.

A subdelegada recordou que a Garda Civil de Tráfico ten entre os seus cometido o de vixiar, regular, o auxilio e control do tráfico do transporte, así como garantir a seguridade viaria na circulación nas vías interurbanas. Unha misión que se traduce na protección e auxilio das persoas usuarias das vías públicas, a vixilancia e disciplina do tráfico, a investigación e instrución en caso de accidentes e a vixilancia do cumprimento da normativa en materia de transportes por estrada.

María Rivas sinalou que co seu traballo sen dúbida contribúen á mellora da seguridade nas estradas, o que tamén se traduce nun descenso de 17 vítimas mortais na provincia en relación co ano 2022, pasando de 43 a 26 vítimas no último ano. A subdelegada sinalou que “hai que resaltar que a baixada é acusada na provincia, con un 40% menos de persoas falecidas que no ano anterior, dato que ademais é o máis positivo das catro provincias galegas”.

Rivas fixo un recoñecemento ao traballo desenvolvido nestes 65 anos de historia, “quero agradecer a todas as persoas que integran Agrupación da Garda Civil de Tráfico por estar cada día nas estradas para velar pola seguridade das persoas”. Por último, quixo transmitir o seu orgullo por cada unha das mulleres e homes que forman a Agrupación da Garda Civil de Tráfico, e transmitir “as miñas máis sinceras felicitacións por este 65 aniversario”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17263698577881