A Fundación Juana de Vega e o CFEA de Guísamo organizan novos cursos en viticultura e fruticultura

ACoruñaXa
As formacións centraranse na poda de árbores froiteiras da área atlántica e na poda de viñedos a nivel iniciación
Viticultura-2025---Curso-de-poda-de-viñedo-(iniciación)---Fundacion-Juana-de-Vega---CFEA-Guisamo-1
12 Feb 2025

A Fundación Juana de Vega e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo organizan unha nova edición dos seus cursos especializados en viticultura e fruticultura, consolidando a súa aposta pola formación no sector agroforestal.

Este ano, as formacións estarán centradas na poda de árbores froiteiras da área atlántica e na poda de viñedos a nivel iniciación, proporcionando coñecementos clave tanto para profesionais como para afeccionados. Todas as sesións, de carácter teórico-práctico, desenvolveranse nas instalacións do CFEA de Guísamo en Bergondo, agás a xornada inaugural, que terá lugar o martes 25 de febreiro na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros.

O acto de apertura contará cunha conferencia titulada 'Evolución e perspectivas da poda en fruticultura e viticultura', impartida por Xosé Antonio Meixide Fernández, profesor do CFEA.

Os cursos desenvolveranse en diferentes datas: as sesións de poda de froiteiras serán os mércores 26 de febreiro, 5, 11, 18 e 25 de marzo, mentres que as de poda de vides celebraranse os xoves 27 de febreiro, 6, 13, 20 e 27 de marzo. Cada formación terá unha duración total de 23 horas.

 

0.18063402175903