A Fundación CIEC mostra 40 anos de gráfica vinculada aos seus cursos de verán

ACoruñaXa
A exposición pode visitarse ata o 30 de agosto e rende homenaxe ao profesorado que participou nas catro décadas de historia
BETANZOS 40 anos cursos veran
6 Aug 2025

A sede da Fundación CIEC acolle a exposición Gráfica 1985-2025, 40 anos de cursos de verán, que recolle obras e recordos vinculados á traxectoria destas catro décadas de formación artística.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 30 de agosto, pode visitarse de martes a venres en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. A entrada é libre.

A exposición constitúe unha homenaxe ao profesorado que impartiu os cursos de verán da Fundación, cuxa pegada forma parte do legado cultural que agora se exhibe ao público.

⚙ Configurar cookies
0.17841577529907