A formación de socorrismo regresa a Miño con prazas para instalacións e augas naturais


Miño volverá acoller unha nova edición do Curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais, promovido polo Concello de Miño en colaboración coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA). O prazo de inscrición abrirá o 25 de febreiro e permanecerá dispoñible ata o martes 3 de marzo.
Para participar será preciso ter 18 anos cumpridos, contar como mínimo coa titulación da ESO, saber nadar e superar unha proba de acceso fixada para o venres 6 de marzo.
A formación desenvolverase durante os meses de marzo e abril, incluíndo as vacacións de Semana Santa. As clases impartiranse os venres de 17.00 a 21.00 horas; os sábados e o luns, martes e mércores de Semana Santa de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; e os domingos de 10.00 a 14.00 horas.
O prezo xeral do curso será de 560 euros, mentres que as persoas empadroadas no municipio contarán cunha tarifa reducida de 280 euros, sempre que o empadroamento figure con data 01/01/2025.
As persoas interesadas poden solicitar máis información contactando coa axente de Emprego e Desenvolvemento Local nos teléfonos 981 78 44 05 ou 881 986 645, ou no correo promocioneconomica.emprego@concellodemino.gal. Tamén se pode consultar directamente coa FESSGA no 981 977 128 ou no correo fessga@gmail.com.