A Filmoteca de Galicia proxecta o 4 de febreiro 'Furada Negra', unha curta sobre a memoria das covas

ACoruñaXa
A sesión será ás 20.30 horas na A Coruña e incluirá presentación e coloquio co director Berio Molina e parte do equipo vinculado ao arquivo do Clube Espeleolóxico Maúxo
A CORUÑA furada negra
2 Feb 2026

A Filmoteca de Galicia acolle o mércores 4 de febreiro de 2026, ás 20.30 horas, a presentación de 'Furada Negra. Unha memoria do inframundo', unha curta documental que reconstrúe a memoria do mundo subterráneo galego a partir de imaxes e documentos de arquivo recompilados ao longo de décadas.

A peza, dirixida por Berio Molina e producida por aCentral Folque xunto a Sétima e Acusmaser, está construída con material anterior a 1970 recollido polo Clube Espeleolóxico Maúxo, do que se extraeron imaxes e textos vencellados ao volume O Tesouro Espeleolóxico Galego.

Segundo explican desde a organización, o traballo incorpora tamén unha parte sonora gravada expresamente, xa que non se tiña constancia de rexistros previos nas covas galegas e o equipo decidiu saír ao territorio para captar eses sons.

A proxección completarase cun coloquio no que participarán o propio director, Alba Cid (autora do prólogo do libro), Xavier Groba (membro do clube espeleolóxico) e Ramón Pinheiro Almuinha (director editorial de aCentral Folque). A entrada será de balde.

⚙ Configurar cookies
0.091799974441528