A festa municipal de Entroido en Oleiros repartirá 5.200 euros no concurso de disfraces

ACoruñaXa
A cita celebrarase este venres 20 de febreiro no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, desde as 18.00 horas, coa actuación da orquestra Os Satélites
OLEIROS entroido 2024
16 Feb 2026

O Concello de Oleiros celebrará este venres 20 de febreiro a súa festa municipal de Entroido, unha das citas centrais do programa, cun baile amenizado pola orquestra Os Satélites e co tradicional concurso de disfraces como gran reclamo. O evento terá lugar no pavillón Arsenio Iglesias, en Santa Cruz, e comezará ás 18.00 horas.

O concurso repartirá un total de 5.200 euros en premios e contará con dúas modalidades principais: grupos e individual-parellas. Na categoría de grupos haberá un primeiro premio de 1.500 euros, un segundo de 1.000 euros, dous terceiros de 500 euros e un accésit de 400 euros. No apartado individual e por parellas, o primeiro premio será de 400 euros, o segundo de 300 euros, dous terceiros de 200 euros e dous accésit de 100 euros.

O prazo para inscribirse permanece aberto na sede electrónica municipal e remata o mércores 18 de febreiro ás 14.00 horas. O Concello lembra que as bases do concurso poden consultarse no mesmo trámite de inscrición.

⚙ Configurar cookies
0.094074010848999