A Festa de Santa Icía regresa a Ordes o 30 de novembro
A Festa de Santa Icía 2024 volve un ano máis a Ordes coa súa tradicional celebración, organizada pola Asociación Cultural "Amigos da Música" de Ordes e a Banda de Música de Ordes. Este ano, o xantar popular será o 30 de novembro e incluirá empanada, polbo, carne ó caldeiro, sobremesa, bebida e café, cun prezo especial para socios que teñen entrada de balde, mentres que o custo para adultos non socios será de 40 euros e para nenos de entre 6 e 12 anos, 12 euros.
A data límite para reservar os tíckets é o martes 26 de novembro. Os interesados poderán contactar coa organización a través das redes sociais, directamente con algún membro da asociación, ou acudindo á Escola de Música de Ordes os martes ou venres entre as 20:30 e as 22:00 horas.
O evento dará comezo ás 14:30 e contará tamén con servizo de bar, sorteos e calefacción para garantir unha xornada agradable. Ademais, sortearase un lote de música entre os asistentes, convertendo esta festa nunha cita ineludible para os amantes da tradición e da música.