A Fábrica de Perillo expón as imaxes do obradoiro de fotografía dixital de Ocioleiros
ACoruñaXa
A exposición permanecerá no aberta ao público desde o 25 de xuño ata o 1 de xullo
20 Xuño 2024
O martes 25 de xuño Oleiros estrea unha nova exposición fotográfica no Centro Cultural A Fábrica, en Perillo.
As imaxes da exposición corresponden as realizadas durante o obradoiro de fotografía dixital de Ocioleiros dirixido por David Balado neste Centro Cultural.
O evento de inauguración será ás 20.30 horas e a exposición permanecerá no aberta ao público desde o 25 de xuño ata o 1 de xullo para que todas aquelas persoas que o desexen poidan visitala en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.