A Fábrica de Perillo acolle a exposición 'Oleiros, con nome de muller'

ACoruñaXa
A exposición de arte esta conformada polas obras dos nenos e nenas dos colexios CEIP Juana de Vega e Valle Inclán de Oleiros e que asisten ás clases de NosArte. O público poderá visitala ata o xoves 21 de marzo
Imaxe do cartel da exposición 'Oleiros, con nome de muller '
5 Mar 2024

Os alumnos e alumnas dos CEIP Juana de Vega e Valle Inclán de Oleiros e que asisten ás clases de NosArte (arte e pintura), dirixidas pola profesora e artista Laura Gualda organizan a exposición 'Oleiros, con nome de muller'. Nesta exposición tamén colaboraron pais e nais deste gran círculo artístico chamado NosArte.

A inauguración desta mostra será este venres 8 de marzo ás 19.00 horas no centro cultural A Fábrica de Perillo e poderá visitarse ata o 21 de marzo.

Con esta iniciativa trátase de dar voz, a través do debuxo, a numerosas mulleres que marcaron un antes e un despois na sociedade e que teñen o seu recoñecemento no Concello de Oleiros, xa sexa con rúas, prazas ou esculturas, como é o caso da 'Tía Antonina', matrona de Mera, obra do escultor Francisco Escudero.

A exposición recolle personalidades do ámbito literario como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán ou Francisca Herrera; así como outros rostros como é o caso de María Pilar Estévez Diéguez, mestra da parroquia de Nós nada en 1907, coñecida como “Dona Maruja”, lembrada con moito agarimo por veciños da parroquia e cuxa vocación e labor é un aliciente para as persoas dedicadas ao ensino. En tempos da posguerra, Dona Maruja ensinaba baile rexional ás 80 alumnas da escola onde impartía clase, ademais de camiñar dous quilómetros diarios para chegar á escola.

Esta exposición é un proxecto amplo, onde se poderán ver diferentes mulleres desde a mirada inocente da infancia. Rosalía convertida en Centauro ou a “Tía Antonina” como unha superheroína disfrazada de formiga...todo é posible


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18361687660217