A estrada de acceso á Cortella, en Coirós, permanece pechada por obras de mantemento

ACoruñaXa
Os traballos de asfaltado obrigarán a restrinxir o paso ao polideportivo e demais instalacións deportivas ata ás 18.30 horas deste luns e martes
COIROS alfaltado
17 Nov 2025

O Concello de Coirós informa de que durante os días de hoxe e mañá, 17 e 18 de novembro, permanecerá cortada a estrada de acceso á Cortella debido á realización de obras de mantemento. Os traballos de asfaltado están a executarse á altura do cruce de Meixonfrío, polo que a circulación na zona estará restrinxida ata a finalización das tarefas previstas.

Como consecuencia deste corte, o acceso ao polideportivo municipal e ao resto das instalacións deportivas permanecerá pechado ata as 18.30 horas tanto o luns como o martes. O Concello recomenda ás persoas usuarias que empreguen vías alternativas para achegarse ás instalacións, podendo facelo pola estrada da Deputación dende o centro de saúde, así como polos itinerarios de Espenuca/Caresma ou Santiago de Ois.

Dende o Concello solicítase comprensión polas molestias ocasionadas e lembran que estas actuacións son necesarias para mellorar o estado da vía e garantir unha circulación segura.

⚙ Configurar cookies
0.07366418838501