A Escola Municipal de Teatro de Oleiros representará hoxe as súas obras no auditorio Gabriel García Márquez
O Concello de Oleiros acolle este sábado 15 de xuño, a partir das 18.00 horas, no auditorio Gabriel García Márquez en Mera; os espectáculo 'Estrela... fugaz?' e 'Cadros de amor, humor e ao fresco'.
A Escola Municipal de Teatro do Concello de Oleiros pechará este sábado o curso escolar coa representación no auditorio de Mera de dúas obras teatrais protagonizadas polo alumnado.
Ás 18.00 horas o grupo de teatro infantil (nenas e nenos de 9 e 10 anos) representarán a obra 'Estrela... fugaz?', da autoría de Carlos Labraña e dirixidos por Chus Álvarez.
Ás 20.30 horas terá lugar a representación de 'Cadros de amor e humor, ao fresco', de José Alonso de Santos e protagonizada polo alumnado adulto da escola baixo a dirección de Chus Álvarez.
A entrada é de balde ata completar o aforo.