A Escola Infantil Herminio Rial recibe novo mobiliario

A nova Escola Infantil Herminio Rial, situada na rúa Galicia, no Concello de Ordes, recibe unha doazón de mobiliario. A empresa Internaco, con sede no municipio, proporcionou mesas, cadeiras, armarios, camas, tapices, berces con roupa e colchóns, e será distribuído entre as aulas, a sala de usos múltiples e as áreas de dirección.
O novo centro terá capacidade para 61 nenos e nenas de 0 a 3 anos e supón un investimento total de 1.120.500 euros, dos que o 70 % foi financiado pola Xunta. Ademais, grazas á adquisición dos antigos terreos da fábrica de Viriato, ampliáronse os patios exteriores, garantindo máis espazo para o desfrute dos pequenos.
Está previsto que a escola abra as súas portas no segundo trimestre de 2025, unha vez remate a licitación do servizo.