A Escola de Música de Curtis celebra a súa actuación de fin de curso o venres 28 de xuño no Recinto Feiral

ACoruñaXa
Dende a Asociación informan de que se realizará unha cea para despedir o curso por todo o alto
Recinto Ferial Curtis
17 Xuño 2024

O Concerto de Fin de Curso da Escola de Música de Curtis celebrarase o venres 28 de xuño ás 16.30 horas no Salón de Actos do Recinto Feiral de Curtis.

Dende a Asociación informan de que se realizará unha cea para despedir o curso por todo o alto.

A cea será no restaurante Tizón´s (en Orto, Abegondo) e poderán asistir tanto alumnos/as como familiares. O prezo é de 16 euros por persoa.

Para anotarse será imprescindible avisar á Asociación vía WhatsApp ao número da escola (605 060 554). O prazo para inscribirse é ata o 22 de xuño. Despois dese día non se aceptarán reservas.

0.088518142700195