A educación ambiental chega aos campamentos de verán en Miño

ACoruñaXa
A conselleira de Medio Ambiente e o alcalde visitaron aos participantes para reforzar a mensaxe de respecto pola natureza e o uso responsable da auga
MIÑO campamento veran
7 Aug 2025

A Praia Grande de Miño acolleu hoxe unha visita institucional con marcado carácter educativo. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, acompañou á conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, nun encontro cos nenos e nenas que participan nos campamentos deportivos municipais de verán.

Durante a visita, ambas as dúas autoridades destacaron a importancia de aproveitar estes espazos de lecer para promover valores relacionados coa sustentabilidade. Os máis pequenos recibiron mensaxes claras sobre a necesidade de coidar o medio ambiente e de facer un uso responsable da auga, especialmente en épocas de maior consumo como o verán.

Este tipo de iniciativas apostan por integrar a educación ambiental en actividades lúdicas, fomentando o compromiso ecolóxico desde idades temperás.

⚙ Configurar cookies
0.14095306396484