A Deputación subvenciona con 740.000 euros os servizos culturais de 61 concellos da comarca neste 2025

ACoruñaXa
O programa FO206 destina axudas para o mantemento de postos técnicos en xestión e animación cultural, segundo anunciou a deputada Natividade González
Imaxe-do-edificio-da-Deputacion-da-Coruna
15 Jan 2025

A Deputación da Coruña destinará un total de 739.478 euros no ano 2025 ao programa FO206, unha liña de subvencións dirixida aos concellos e outras entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Serán 61 os concellos beneficiarios destas axudas, que recibirán entre 5.000 e 15.000 euros para o mantemento dos postos de traballo en xestión cultural e animación sociocultural.

Natividade González, deputada de Cultura, explicou que o obxectivo deste programa é contribuir ao mantemento e recoñecemento dos perfís profesionais existentes nos concellos. Ademais, busca definir os requisitos, coñecementos formativos, funcións e categorías profesionais do persoal técnico en animación cultural e xestión cultural, sempre respectando a autonomía municipal.

As axudas tamén favorecerán a profesionalización das áreas culturais municipais e o mantemento do emprego no sector. “Tamén promoverán boas prácticas e fomentarán programacións culturais estables nos concellos, que consideramos indispensables para achegar cultura de calidade á cidadanía”, engadiu González. A lista dos 61 beneficiarios pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 15 de xaneiro.

0.1620819568634