A Deputación recibe as xogadoras do Deportivo Abanca polo regreso á primeira división do fútbol feminino

ACoruñaXa
As xorgadoras do Real Club Deportivo Abanca veñen de acadar este domingo o ascenso á Liga F, primeira división do fútbol feminino español
Formoso recibe no pazo da Deputación ás xogadoras do Deportivo Abanca
23 Abr 2024

As xorgadoras do Real Club Deportivo Abanca veñen de acadar este domingo o ascenso á Liga F, primeira división do fútbol feminino español. Neste sentido, onte foron recibidas polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso no pazo provincial. Durante a visita, Formoso felicitou a xogadoras, corpo técnico e directiva “por unha magnífica tempada, que remata co ansiado ascenso á máxima categoría”.

O presidente provincial sinalou que “o vivido onte no estadio de Riazor foi unha boa mostra de que os coruñeses e as coruñesas apoian ao fútbol feminino e que, sen dúbida, o Deportivo Abanca merece estar en primeira división”. “Sodes un gran exemplo para todas as nenas da provincia, porque grazas ao voso esforzo e ilusión acadades grandes metas como esta”, engadiu o presidente provincial.

O equipo branquiazul vén de acadar o ascenso matemático a falta dunha xornada, despois da vitoria contra o Cacereño ante máis de 14.000 persoas, o que supuxo un récord de espectadores para un partido da segunda categoría. Desta forma, o Deportivo Abanca volve á elite do fútbol feminino tres anos despois do descenso.

0.19620800018311