A Deputación inicia o asfaltado da DP-4803 entre a Praia Grande de Miño e Perbes

A Deputación da Coruña acaba de poñer en marcha as obras de renovación do firme na estrada DP-4803, que une a Praia Grande de Miño con Perbes. A intervención céntrase nos primeiros catro quilómetros do trazado e está adxudicada por un importe de 540.879 euros.
As actuacións previstos inclúen traballos de saneamento puntual en zonas deterioradas e a aplicación dunha nova capa de mestura asfáltica en quente de 5 centímetros de espesor. Tamén se realizará sinalización horizontal e se intervirá sobre tramos que acumulaban desgaste intenso ou deficiencias.
Durante os días en que se desenvolvan as obras, é probable que se regulen fluxos de tráfico en momentos puntuais para facilitar a execución dos traballos e garantir a seguridade viaria. O Concello de Miño xa anunciou o comezo dos traballos dende o límite co Concello de Pontedeume ata o punto cero da praia de Miño.