A Deputación impulsa a cultura con nove certames que suman máis de 100.000 euros en premios

ACoruñaXa
O prazo para presentarse a todos os certames remata o 10 de abril
dep-corunha
27 Mar 2025

A Biblioteca Provincial acolleu a presentación de todos os certames convocados pola área de cultura para este 2025. Un acto no que participaron a deputada de cultura, Natividade González, e os comisarios dos premios literarios Susana Pedreira do Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais Rocío Castro do Luís Ksado de creación fotográfica Xurxo Lobato e do Jesús Núñez de Arte Gráfica Pedro Galilea.

Os certames convocados son o Castelao de banda deseñada o Manuel Murguía de ensaio o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil o Torrente de narrativa en galego e castelán o Jesús Núñez de arte gráfica o Luís Ksado de fotografía o Isaac Díaz Pardo de arte o Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais e o Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero que suman unha dotación de 102500 euros O prazo para presentarse a todos eles remata o 10 de abril a excepción do Ksado que se prolonga ata o 31 de maio.

A deputada Natividade González destacou o “compromiso” da Deputación co “patrimonio cultural do país” promovendo certames nas diferentes disciplinas para “poñer en valor o traballo de artistas autores e creadores” González salientou tamén a “aposta” da área de cultura da entidade provincial polo “talento” a través duns premios “que premian a nosa cultura e os nosos magníficos creadores e creadoras e dos que saíron nomes que hoxe son unha auténtica institución no panorama internacional como o propio Manuel Rivas”.

Durante a presentación todos os comisarios e comisarias agradeceron este “compromiso” da área de cultura da Deputación e a súa “aposta” polo talento e as diferentes disciplinas artísticas e culturais “Sodes quen de tecer unha rede moi forte e interesante no sector cultural que é referencia para outras administracións públicas” Ademais sinalaron o “gran nivel” dos creadores galegos “Estamos nun momento moi interesante para a cultura galega cunha nova xeración que o está abandeirando e está triunfando en todo o mundo”.

Xurxo Lobato salientou a “traxectoria” do Luís Ksado que “naceu no 1996 e este ano cumpre a súa 19 edición” explicando que “non é so un concurso pois conta con outras actividades complementarias” Lobato tamén adiantou dous dos nomes do xurado deste ano “a fotógrafa palestina Maysun e a fotoxornalista de El País Mónica Torres víctima da Dana que arrasou coa súa casa e o seu material”.

Pola súa banda Rocío Castro referiuse ao Narf como “un certame máis que consolidado no sector” que “promociona a música de base os novos talentos e valores e o propio legado de Fran” A comisaria tamén nomeou algúns proxectos premiados en anteriores edicións como Familia Caamagno Lucía Aldao Agoraphobia “que hoxe están despuntando nos escenarios de todo o Estado”.

A comisaria de todos os premios literarios o Castelao de banda deseñada o Manuel Murguía de ensaio o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil e o Torrente Ballester de narrativa en galego e castelán Susana Pedreira sinalou que estes certames “premian historias e persoas que os xurados len de forma anónima” Fixo un chamamento para que as persoas “presenten as súas historias” a estes premios que van máis aló dos “case 70000€ que reparten” para converterse nunha “grande oportunidade de publicar”.

Pedro Galilea explicou tamén o percorrido do Jesús Núñez de Arte Gráfica “polo que pasaron 3207 artistas de 42 países diferentes” Tamén apuntou que “é moito máis que un premio” xa que “concedéronse 32 residencias e editáronse 19 catálogos de 570 artistas o que supón unha moi boa oportunidade para os novos talentos” “Aínda sendo internacional ten vocación local xa que levamos unha exposición cada ano a 10 concellos da provincia baixo a premisa de que as obras buscan ao público nunha viaxe na que tamén impartimos talleres de gravado”. Ademais dos mencionados hai outros dous premios como o certame de arte Isaac Díaz Pardo e o Begoña Caamaño a acción cultural pola igualdade

Os premios

XX Premio Castelao de banda deseñada outorgará dous premios dotados con 6500 euros para cada unha das modalidades xeral obras dirixidas a todo tipo de lectores e LIX obras dirixidas especificamente ao público infantil e xuvenil. A Deputación publicará as obras premiadas.

XX Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica Concederá un primeiro premio dotado con 6500 euros e unha exposición na Fundación CIEC e dous accésits que lle custearán aos gañadores cadansúa bolsa de matrícula nun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC As obras premiadas quedarán en propiedade da Deputación da Coruña e serán incluídas a canda outras non premiadas ata un máximo de 30 nunha exposición que se inaugurará na Fundación CIEC e que logo chegará a outros concellos da provincia.

XV Premio Manuel Murguía de ensaio. Establécese un premio único de 6500 euros. A Deputación publicará a obra premiada.

XIX Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil concederá dous premios dotados con 6500 euros para cada unha das modalidades infantil obras dirixidas especificamente ao público lector infantil e xuvenil obras dirixidas especificamente ao público lector xuvenil. A Deputación publicará as obras premiadas.

XXXVII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega e en lingua castelá Outorgará un premio único de 15000 euros en cada modalidade. A Deputación publicará as obras premiadas.

XIX Premio Luís Ksado de creación fotográfica. Establécese un premio único de 6500 euros A Deputación publicará a obra premiada.

XIX Certame de arte Isaac Díaz Pardo concederá un premio único dotado con 6500 euros e ademais adquirirase obra por un importe máximo total de 25000 euros. A Deputación realizará unha exposición itinerante por concellos da provincia coa obra gañadora mais as adquiridas e as seleccionadas polo xurado ata un máximo de 20 pezas

XVII Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais concederá tres premios o primeiro de 4000 euros o segundo de 2000 euros e o terceiro de 1500 euros. Decidiranse nunha gala que se celebrará o 2 de novembro de 2025 na que os tres grupos ou artistas seleccionados polo xurado de todos os aspirantes interpretarán en directo cancións das maquetas que presentasen ao certame actuación pola que recibirán 300 euros.

IX Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero establécense dous premios dotados con 6500 euros para cada unha das modalidades traxectoria que recoñecer persoas colectivos ou entidades comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura e Iniciativa para premiar iniciativas ou proxectos culturais que incorporen unha perspectiva feminista en todas as actividades e servizos derivados.

 

⚙ Configurar cookies
0.13083505630493