A Deputación financia unha nova beirarrúa na DP-4803 fronte á Praia Grande de Miño

A Deputación da Coruña vén de iniciar estes días as obras para construír unha nova beirarrúa no marxe dereito da estrada provincial DP-4803, á altura da Praia Grande de Miño. A actuación permitirá dar continuidade ás beirarrúas xa existentes e contempla tamén a creación dun novo paso de peóns para mellorar a conexión coa zona do areal, ademais dunha reordenación do espazo de aparcamento actual.
O proxecto conta cun orzamento de 36.930 euros, financiado pola institución provincial, e ten como principal obxectivo reforzar a seguridade das persoas peóns nun punto con elevada afluencia, especialmente durante a tempada estival.
A DP-4803 é unha das vías clave de acceso á Praia Grande e soporta un notable incremento de tráfico nos meses de verán, cando Miño recibe milleiros de visitantes. Ademais, o areal de Miño destaca pola súa longa franxa de area fina (uns 1.400 metros), o que multiplica os desprazamentos a pé entre aparcadoiros e accesos á praia.