A Deputación e Apecco apostan por reducir a burocracia na tramitación das obras públicas

ACoruñaXa
A asociación de empresarios valora positivamente as medidas postas en marcha pola Deputación e incide na necesidade de contar con máis traballadores cualificados
Deputación Coruña y Apecco
Deputación Coruña y Apecco
25 Xan 2024

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo este xoves unha reunión coa directiva da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (Apecco), encabezada polo seu presidente, Diego Vázquez Reino e que integra a 170 empresas do sector da construción na provincia.

Vázquez Reino valorou positivamente medidas como a revisión de prezos das obras públicas postas en marcha pola Deputación co obxectivo de que a escalada de prezos de materiais e combustibles dos últimos anos non afecte á actividade e é creación de emprego no do sector.

Pola súa banda, Valentín González Formoso destacou a importancia do sector da construción en Galicia, onde representa un 6,5% do PIB e sostén preto de 78.000 empregos, e e a necesidade de seguir implantando medidas que permitan unha redución da carga burocrática que ralentiza a execución das obras, un aspecto que tamén demandan desde Apecco. O presidente lembrou que cada millón de euros investido en obra pública xera entre doce a catorce empregos.

O presidente da Deputación tamén aclarou que as encomendas de xestión de determinadas obras a Tragsa son puntuais, de carácter moi excepcional ou de urxencia, e que o goberno provincial vai a seguir apostando por adxudicar as obras ás empresas que crean emprego e actividade no territorio.

Apecco aproveitou o encontro para trasladar á Deputación a necesidade de contar con entre 4.000 e 5.000 traballadores cualificados máis en Galicia, así como a necesidade de incorporar mulleres e xente moza ao sector. Ambas entidades buscarán fórmulas de colaboración neste ámbito.

0.078830003738403