A Deputación destina o programa DP0040 á realización de festivais de arte pública urbana

A Deputación da Coruña dá a coñecer o orzamento final do programa DP0040, dirixido a concellos da provincia para a realización en 2025 festivais de arte pública urbana na modalidade de pintura mural.
Serán 149.770 euros, que se repartirán cinco eventos: o Cromático Mural Fest, de Cambre (35.000 euros), o Rexenera Fest, de Carballo (35.000 euros), Expresa Oleiros Urban Fest (23.350 euros), Festival Viladomar, de Rianxo (21.920 euros) e DesOrdes Creativas, de Ordes (34.500 euros).
O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, destacou a importancia da liña de subvencións: “Contribúen ao potencial da arte urbana, unha disciplina que permite visualizar un produto turístico atractivo e ofrece unha alternativa para dar a coñecer un destino desde outra óptica, alcanzando un tipo de visitante que ata hai poucos anos tiñamos esquecido”.
“A arte urbana”, engadiu, “converteuse nos últimos anos en soporte para a creación artística de cada vez máis municipios da provincia, e parte importante é o apoio que lle prestamos desde a Deputación”. O vicepresidente falou tamén de relevancia que teñen este festivais xa non só para o turismo, “senón tamén para as mesmas localidades, pois son quen de rexenerar espazos empobrecidos por políticas urbanísticas nefastas”.
Con todo, o máis importante destes festivais para Regueira é que “son quen de xerar identidade; en especial, en concellos urbanos e áreas metropolitanas, algúns de cuxos barrios teñen unha arquitectura máis degradada”.