A Deputación da Coruña súmase ás reivindicacións do Foro Cidadán polo Ferrocarril para modernizar a rede ferroviaria de Ferrolterra

GaliciaXa | ACoruñaXa
O presidente provincial, Valentín González Formoso, acudiu á manifestación deste domingo para mostrar o seu apoio á plataforma
dep-coruña-manifestacion-ferrocarril-ferrol
1 Dec 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou este domingo na manifestación convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril para reclamar a modernización e mellora das infraestruturas ferroviarias de Ferrolterra.

Durante a protesta, Formoso denunciou “décadas de abandono por parte de distintos gobernos” e reclamou un tren “do século XXI”. “Hai un clamor en Ferrolterra, Eume e Ortegal contra a discriminación a esta esquina de Europa que reclama que aproveitemos a ocasión de nos dá que os fondos europeos están enriba da mesa para contar cunha planificación do Estado que nos permita por fin ter acceso a unha infraestrutura ferroviaria do século XXI e non do século XIX”, sinalou.

O presidente provincial insistiu na importancia estratéxica da liña Ferrol–A Coruña, que considera fundamental para garantir o equilibrio territorial, a competitividade industrial e a loita contra o despoboamento. “Levamos décadas de abandono en materia ferroviaria por parte de distintos gobernos e agora lle toca tanto o Goberno do Estado como ao Goberno autónomico que se impliquen nunha solución ferrovaria que nos homologue co resto de Galicia, que nos permita ser competitivos”, engadiu.

González Formoso tamén destacou que esta mobilización cidadá pon de manifesto “unha necesidade histórica” e asegurou a total disposición da Deputación para colaborar nesta reivindicación.

⚙ Configurar cookies
0.078893899917603