A Deputación da Coruña reparte 59 bolsas de 3.500 euros para impulsar o talento deportivo da provincia

ACoruñaXa
O programa de apoio ao alto rendemento suma este ano 206.500 euros e chega a deportistas de todas as idades
A CORUNA axudas deportistas
6 Aug 2025

A Deputación da Coruña reforza o seu compromiso co deporte de alto rendemento cun novo reparto de bolsas económicas que busca impulsar a carreira de 59 deportistas da provincia. Cada persoa beneficiaria recibirá unha axuda de 3.500 euros, o que supón un investimento total de 206.500 euros nesta convocatoria.

As bolsas están dirixidas a deportistas que participan en disciplinas individuais olímpicas e que acadaron resultados destacados en competicións federadas a nivel rexional, nacional ou internacional. A distribución realízase por franxas de idade, incluíndo dende mozos de 12 anos ata atletas paralímpicos de máis de 33 anos.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, salientou que o programa “segue medrando ano tras ano, co obxectivo de chegar ao maior número posible de deportistas e axudalos a desenvolver todo o seu potencial”. Tamén lembrou que estas bolsas teñen servido de trampolín para figuras recoñecidas do deporte coruñés, como Ana Peleteiro, Emmanuel Reyes, Carlos Arévalo ou Belén Toimil.

⚙ Configurar cookies
0.22197318077087