A Deputación da Coruña, A Mesa e Correlingua renovan a súa colaboración polo fomento da lingua
A Deputación da Coruña segue a apoiar iniciativas para o fomento do galego. A responsable de Lingua, Sol Agra, asinou hoxe senllos convenios coa Mesa pola Normalización Lingüística e coa Asociación Cultural Correlingua, por un importe total de 60.000 euros.
Agra e o presidente da Mesa, Marcos Maceira, renovaron o acordo para o financiamento do programa ‘A liña do galego’, para o que a Deputación achegará neste exercicio 40.000 euros. ‘A liña do galego’ é un servizo gratuíto da Mesa dirixido a toda a poboación que tramita queixas contra institucións, empresas e outras entidades que vulneran os dereitos lingüísticos, así coma parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego.
No caso do convenio firmado Agra e polo presidente de Correlingua, Anxo Terán, a Deputación financiará en 2024 con 20.000 euros un programa que renova o lema, ‘Dende aquí até acolá, galego xa!’, pero que segue a apostar por incentivar o uso oral do galego e súa normalización como medio de comunicación habitual entre a xente nova, cun carácter lúdico, educativo e reivindicativo.