A Deputación convoca o XVI Premio Rosalía de Castro da Lingua

ACoruñaXa
Ten como obxectivo recoñecer as mellores iniciativas na promoción do patrimonio lingüístico galego
entrega-premio-Rosalía-2024
21 Feb 2025

A Deputación de A Coruña anuncia as bases do XVI Premio Rosalía de Castro da Lingua, que ten como obxectivo recoñecer as mellores iniciativas, traballos recentes e traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación do patrimonio lingüístico galego. O galardón está dotado con 5.000 euros para cada unha das tres categorías e valorará especialmente a relevancia das propostas para o futuro do galego.

As categorías do certame son: a mellor persoa na promoción da lingua galega, a mellor entidade que traballa por fomentar o galego e o mellor proxecto de dinamización lingüística dirixido á infancia e mocidade. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 30 de abril e as propostas deben tramitarse de xeito telemático a través da plataforma electrónica da Deputación (SUBTEL).

O premio distribúe un total de 15.000 euros en premios, cunha contía de 5.000 euros para cada categoría. Na edición de 2024, os gañadores foron Pilar García Negro, Nova Escola Galega e o proxecto 'Aquí tamén se fala!'. O certame recoñeceu tamén en pasadas edicións a figuras como María Canosa, Pakolas, Xaquín Marín, ou o Museo do Pobo Galego, entre outros.

 

 

 

 

0.20850205421448