A Deputación conquista en Donostia ao público co sabor da provincia

ACoruñaXa
Produtores locais e o Restaurante Balarés viaxaron á cidade guipuzcoana da man da entidade para promocionar o seu traballo no evento 'A Coruña cos 5 sentidos'
Fotografía do Showcooking que celebrou a Depuatción en Donostia
Fotografía do Showcooking que celebrou a Depuatción en Donostia
22 Feb 2024

O emblemático hotel donostiarra “Nobu” foi este mércores o esceario de presentación de 'A provincia que sabe' nunha xornada na que a Deputación da Coruña exhibiu a riqueza turística e gatronómica da provincia, da man de diferentes produtores locais e do Restaurante Balarés, de Ponteceso, que ofreceron a un público profesional produtos de calidade cociñados pola chef Silvia Facal.

A cita comezaba cun showcooking a base de produtos de quilómetro cero como os berberechos do Anllóns, as verdinas de Coristanco, os longueiróns de Fisterra ou o polbo de Mugardos, maridados con vermús Lodeiros, viños da provincia, de Choiva Viños e cervexas de Estrella Galicia. Continuaba coa sobremesa na terraza, a cargo de Cafés Lúa, que aportou os cafés; Licores Bello Blanco, co licor café; queixo Galmesán e a tarta de améndoa de Vila Sen Vento.

Para os produtores galegos foi unha gran oportunidade de poder exhibir o seu traballo en espazos tan relevantes e profesionais como este, onde conseguiron contactos comerciais e onde tamén tiveron a oportunidade de darlle visibilidade ás súas marcas ante un sector da restauración con moito interese polos saberes e sabores da provincia.

“Queremos exhibir a nosa provincia en foros moi específicos, da man de chefs e produtores que son a nosa mellor marca”, apuntou o vicepresidente. “Neste sentido, Donostia é un mercado moi atractivo, onde mirarnos como sector turístico e gastronómico, e tamén onde vender turismo.

0.1602988243103