A Deputación aumenta a financiación para dúas sendas no polígono de Sabón, en Arteixo

ACoruñaXa
Destinaranse máis de 1,2 millóns de euros para mellorar a mobilidade peonil nas áreas do embalse, avenida da prensa e zona da praia
ARTEIXO deputación sendas sabon
10 Aug 2025

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade unha adenda ao convenio de colaboración co Concello de Arteixo que incrementa a achega económica destinada ás obras de dúas sendas peonís no polígono industrial de Sabón. Esta ampliación responde á cesión da zona empresarial á administración local.

A dotación para a senda situada entre o embalse e a avenida da prensa aumentará en 73.204,55 euros, alcanzando os 670.673,55 euros, o que permitirá cubrir o 100 % do custo desta infraestrutura. Pola súa banda, para a senda situada nas inmediacións da praia, a Deputación aportará 587.280,39 euros, supoñendo un incremento de 177.514,45 euros e cubrindo o 51,52 % do orzamento total desta actuación.

Ademais, a adenda modifica a vixencia do convenio ata o 22 de abril de 2027, e establece como data de finalización das obras o 21 de marzo dese mesmo ano. Este acordo, iniciado en 2021, contempla melloras en sistemas de abastecemento de auga e na mobilidade peonil no polígono, cunha achega máxima por parte da Deputación que rolda os 3,56 millóns de euros.

⚙ Configurar cookies
0.3116660118103