A Deputación asina convenios con Coirós e Curtis para a xestión dos centros do río Mandeo

ACoruñaXa
Servirán principalmente para subvencionar os custos do persoal de atención a visitantes dos dous centros
dep-curtis-coiros
25 Mar 2025

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, asinou cos alcaldes de Coirós, Francisco Quintela Requeijo, e de Curtis, Javier Caínzos, senllos convenios entre a Deputación e estes dous concellos para a xestión integral, entre xaneiro de 2025 e marzo de 2026, do Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Curtis, e do Centro de Interpretación do Río Mandeo, en Coirós, ambos de titularidade provincial.

No marco do 'Proxecto Mandeo. Posta en valor das concas fluviais. 1ª fase río Mandeo', cofinanciado con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), a Deputación compromete neste exercicio dúwas achegas que suman 40.999 euros: 16.286 para o Concello de Coirós e 24.713 para o de Curtis.

Os convenios servirán principalmente para subvencionar os custos do persoal de atención a visitantes dos dous centros no seu horario habitual. O de Coirós abrirá todos os venres, sábados e domingos laborables do ano, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O de Curtis permanecerá pechado os luns e festivos, pero abrirá de martes a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e os sábados e domingos de 10.00 a 13.00 horas.

Unha aposta polo desenvolvemento sostibleSegundo destacou o deputado Xosé Penas, "con estes dous acordos avanzamos nos obxectivos do Proxecto Mandeo de potenciar o desenvolvemento sostible dun territorio, a conca do río Mandeo, a partir da valorización do recurso auga, integrando a mellora da calidade do ecosistema fluvial".

Tamén engadiu que "a auga seguirá a ser un elemento que potencie, dinamice e dea cohesión ao territorio para o avance económico e social".

Finalmente, o deputado subliñou que "espazos coma estes constitúfen un punto de referencia para a interpretación do coñecemento ambiental, cultural e etnográfico da contorna do río Mandeo, que forma parte do noso patrimonio natural".

⚙ Configurar cookies
0.24715495109558