A delegada da Xunta na Coruña anima a doar sangue no Día Mundial do Doante

ACoruñaXa
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue inicia hoxe, durante os meses de verán “Somos Olímpicos”, que se desenvolverá en máis de 20 concellos galegos
Imaxe da campaña da Xunta de doazón de sangue na Coruña
14 Jun 2024

A cidade da Coruña celebra este venres o Día Mundial do Doante no Obelisco. Neste sentido a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García, quixeron animar á cidadanía a seguir sendo solidarios participando na campaña de doazón, que se inicia hoxe, e que se prolongará durante os meses de verán “Somos Olímpicos”, que desenvolverá a Axencia en máis de 20 concellos galegos.

Belén do Campo salientou o carácter especialmente solidario das galegas e galegos xa que, segundo datos publicados recentemente polo Ministerio de Sanidad, Galicia é a quinta Comunidade Autónoma en índice de participación nas campañas de doazón de sangue. A delegada tamén destacou que a provincia da Coruña é a que máis doazóns rexistra e no que levamos de ano produciuse un leve incremento pasando de 20.066 doazóns no 2023 a 20.151 doazóns no mesmo período deste ano.

A representante do Goberno autonómico tamén lembrou que nestes momentos os grupos sanguíneos que máis se precisan neste momento son os A+ e 0-.

Incentivar a colaboración

Con respecto á campaña “Somos Olímpicos” destacou que é unha das iniciativas promovidas desde a Axencia para garantir que o volume de doazóns de sangue permaneza estable, entre 400 e 500 doazóns diarias, nun período especialmente sensible como é o verán e no que a demanda de compoñentes sanguíneos non diminúe.

As persoas que se despracen aos distintos concellos nos que está programada esta campaña, poderán doar sangue nas unidades móbiles e recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa. Así mesmo, ao carón dos vehículos de doazón de ADOS disporase unha montaxe alusiva aos Xogos Olímpicos como reclamo para que os veciños e veciñas se acheguen a doar sangue.

A delegada lembrou que esta campaña principia no xornada de hoxe venres 14 de xuño co gallo da conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue, na unidade móbil que está na zona do Obelisco da Coruña das 10.00 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 21.00 horas. Ademais, o programa de captación de doantes prolongarase ata finais do vindeiro mes de setembro.

Día Mundial do Doante

Belén do campo lembrou que, como cada 14 de xuño, conmemórase o Día Mundial do Doante de Sangue, unha data na que se pon en valor o altruísmo e solidariedade dos doantes. Este ano celébranse os 20 anos da institucionalización, por parte da Organización Mundial da Saúde (OMS), desta data destinada a salientar o labor esencial de todas as persoas que doan sangue, para posibilitar o desenvolvemento do intenso labor dos centros sanitarios.

En Galicia, desde 1993, ano no que se iniciou a campaña de captación de doantes de sangue en unidades móbiles, téñense recollido preto de 3.300.000 doazóns de sangue e, aínda que a nosa comunidade ten experimentado un importante aumento no número de doazóns, resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación dos cidadáns para que acudan a doar sangue, xa que, non é posible obter de xeito artificial este elemento terapéutico de orixe humana.

Factores como a deslocalización dos doantes habituais por mor do período estival, salientou o conselleiro de Sanidade, inflúen decisivamente na organización das campañas de doazón de sangue aínda que, segundo manifestou, continuarán a prestar servizo aos cidadáns as dez unidades móbiles de ADOS que percorren diariamente Galicia, así como os sete locais de doazón de sangue que continuarán traballando para favorecer a participación de todas as persoas que desexen doar sangue.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18554091453552