A cullerdense Alicia Chamorro volve a alzarse co título de campioa do mundo de Muay Thai

ACoruñaXa
A moza de dezaseis anos converteuse na primeira galega en combater no prestixioso recinto Lumpini Boxing Stadium de Tailandia
ALICIA CHAMORRO, CAMPEONA DEL MUNDO DE MUAYTHAI EN BANGKOK
4 Feb 2024

A cullerdense Alicia Chamorro proclamouse de novo campioa do Mundo de Muay Thai esta fin de semana en Bangkok. Ademais do triunfo, Alicia convértese na primeira galega en combater no prestixioso recinto Lumpini Boxing Stadium de Tailandia.

A xoven deportista de dezaseis anos, que adestra no IAGO Barros FIGHT CLUB  da Coruña, suma este galardón o gañado o pasado mes de decembro de campioa do mundo Muaythai sub-16 en Sorrento, Nápoles.

Desde o Concello de Culleredo quixeron felicitar á deportista local pola consecución do seu segundo campionato do mundo. Unha loitadora, quen a pesar da súa curta idade, xa cultiva triunfos que a acreditan como unha das mellores do globo terráqueo na súa disciplina.

 

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17748308181763