A coruñesa Inés Poncela bronce no 'Aberto de España Sub-15 Andaluz de Benalmádena 2024'
Esta fin de semana, do 2 ao 4 de febreiro, a cidade de Benalmádena converteuse no epicentro do bádminton internacional ao acoller dous destacados torneos: o 'Aberto de España Sub-15 Andaluz de Benalmádena 2024' e o 'Open de España 2024 Sub-17'. Ata alí desprazáronse numerosos volantistas da comunidade galega, dispostos a deixar pegada e volver a casa con grandes éxitos, entre eles atopábase a coruñesa Inés Poncela. En total, os volantistas galegos volveron á casa con seis medallas internacionais.
Na categoría Sub-15, as xóvenes promesas galegas Maia Freire e Xulia Otero realizaron unha actuación sorprendente ao colarse nas semifinais de dobres feminino. Aínda que xogaron un partido moi igualado, finalmente caeron ante as suas adversarias por 16-21 no terceiro set. Compartiron o mesmo chanzo de podio con Marta Álvarez e a asturiana Belén Soto, que lograron o bronce ao chegar ás semifinais. Ademais, a coruñesa Inés Poncela contribuíu ao medalleiro galego ao conseguir un destacado bronce en individual feminino.
A categoría Sub17 contou con Raúl Bergua, a nova incorporación do Club Badminton Ravachol de Pontevedra. Bergua destacou ao levar dúas merecidas medallas de prata en individual masculino e en dobres masculino, acompañado de Gonzalo Isabal. O CB Athlos de Ourense tamén deixou pegada con Xoel Álvarez e Paula Casas, que aseguraron a guinda ao conseguir un bronce en dobres mixtos.