A Coruña será sede do Campionato de España de Ruta en 2027, con Milla, 5K e Medio Maratón

ACoruñaXa
A RFEA escolleu a cidade para acoller as tres probas e o Concello destaca que a designación consolida A Coruña como referente na organización de grandes eventos deportivos
A CORUÑA media maraton
19 Jan 2026

A Coruña acollerá en 2027 o Campionato de España de Ruta, unha cita que reúne tres das probas máis destacadas do calendario estatal: a Milla, o 5K e o Medio Maratón. A Real Federación Española de Atletismo (RFEA) aprobou en Xunta de Goberno que a cidade sexa a sede destas competicións, consideradas as máis relevantes do país nas súas modalidades.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, atribuíu a elección ao traballo desenvolvido polo goberno de Inés Rey para fortalecer as probas deportivas propias e, en especial, as vinculadas ao atletismo. Vázquez agradeceu tamén a colaboración da Federación Galega de Atletismo, presidida por Iván Sanmartín, coa que o Concello vén coordinando a celebración de diferentes eventos na cidade. As datas concretas do campionato determinaranse proximamente, en función do calendario internacional.

Desde o Concello salientan que a organización destas tres carreiras atraerá á elite do atletismo español, con deportistas que buscarán marcas de nivel para futuras citas internacionais. Ademais, o feito de que as probas se retransmitan en directo, engaden, ‘reafirma que A Coruña é unha cidade idónea para a celebración de grandes competicións deportivas’.

O anuncio chega, ademais, nun momento de forte demanda para o Medio Maratón C21: xa se superaron as 2.500 persoas inscritas, por riba das cifras do ano pasado a estas alturas. A proba disputarase o domingo 1 de marzo e volverá ir acompañada dunha carreira 5K, que servirá como punto de partida do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que arrancará nas próximas datas.

⚙ Configurar cookies
0.091073036193848