A Coruña será a única parada galega da xira polo 30 aniversario de La Oreja de Van Gogh

A Coruña segue a pechar citas exclusivas para 2026. La Oreja de Van Gogh escolleu o Coliseum como única data en Galicia dentro da súa xira do 30 aniversario, bautizada ‘Tantas cosas que contar’ e marcada polo regreso de Amaia Montero como voz da banda. O concerto terá lugar o venres 11 de setembro de 2026. As entradas poderán adquirirse desde o luns 20 de outubro de 2025, ás 12.00 horas, a través da páxina oficial do grupo.
Este anuncio reforza a aposta do recinto coruñés por grandes formatos e por carteis liderados por mulleres, e súmase a unha ducia de actuacións xa confirmadas para 2026: Eladio Carrión (29 de xaneiro), Amaia (31 de xaneiro), Mikel Izal (7 de febreiro), Celtas Cortos (11 de abril), Hijos de la Ruina (17 de abril), Viva Suecia (18 de abril), Iván Ferreiro (9 de maio), Dani Martín (15 e 16 de maio), Bad Gyal (23 de maio), Pablo Alborán (4 de xullo) e Aitana (22 de xullo).