A Coruña será a sede do torneo inaugural do circuíto 'Ultimate Padel Tour'

ACoruñaXa
O torneo terá lugar do 10 ao 18 de febreiro en Expocoruña e Coruña Sport Centre cun total de doce partidos de pádel
Coruña - Circuíto ultimate padel tour
7 Feb 2024

O Recinto Feiral de Expocoruñ e o Club Coruña Sport Center, ubicado no barrio de Matogrande,  acollerán do 10 ao 18 de febreiro o torneo 'A Coruña Open' de pádel, que servirá como proba inaugural do novo circuíto profesional Ultimate Padel Tour.

Deste xeito, A Coruña será a sede inaugural deste novo circuíto internacional. O toneo 'Ultimate Padel Tour' busca expandir este deporte e proporcionar un torneo atractivo e competitivo para os e as grandes deportistas da modalidade. "O pádel é, hoxe en día, un dos deportes de moda e na Coruña queremos sumarnos e contar cun evento de gran nivel que nos posicione", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade.

O torneo retransmitirase en directo a través das canles de YouTube e Twitch de Ultimate Padel Tour, cun total de seis partidos de martes a venres, catro semifinais o sábado e as dúas finais do domingo. O sábado 10 de febreiro disputarase a xornada previa masculina e feminina nas instalacións do Coruña Sport Centre e a partir do domingo 11 o cadro principal disputarase en Expocoruña.

De maneira paralela á celebración do torneo, o Concello da Coruña e a Federación Galega de Pádel ofrecerán un clínic en Expocoruña, do 14 ao 18 de febreiro, no que os nenos e nenas da cidade, así como deportistas federados, poderán acudir e practicar este deporte xunto a profesionais. Ademais, o Concello repartirá entradas para o torneo nos centros educativos da cidade.

O acceso ás instalacións onde se disputa o torneo será libre ata a xornada do martes inclusive. As entradas para gozar da fase final poderán adquirirse na páxina web oficial do torneo.

 

 

 

0.10055494308472