A Coruña, punto de encontro do III FIGA coa diversidade e a inclusión no centro do debate

ACoruñaXa
Do 5 ao 7 de novembro, o Espazo Avenida e os Cantóns Cines acollen proxeccións, charlas e mesas con profesionais galegos e estatais
A CORUÑA fica
30 Oct 2025

O III Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) converterá a cidade no punto de encontro do sector para reflexionar sobre a diversidade e a inclusión nas prácticas creativas e produtivas. A cita está organizada pola Academia Galega do Audiovisual, en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña.

Na rolda de prensa, a vicepresidenta da Academia, Carmen Méndez, definiu o FIGA como un ‘espazo de diálogo e crecemento colectivo’, mentres a deputada provincial Avia Veira salientou a necesidade de ‘parar, escoitar e formarse’ para avanzar cara a un audiovisual máis plural e accesible. O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, subliñou a aposta de A Coruña por consolidarse como referente do sector.

As entradas teñen un custo simbólico de 5 euros por día en concepto de reserva e devólvense íntegramente ás persoas asistentes. A inscrición realízase a través do formulario da web da Academia Galega do Audiovisual, e o foro conta nesta edición coa colaboración de ABANCA.

⚙ Configurar cookies
0.073062896728516