A Coruña organizará no mes de febreiro unha gala para presentar o XII Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre

ACoruñaXa
O evento servirá para pechar a edición do 2025 e presentar as novidades de 2026
Gala Coruña Corre 2025
Gala Coruña Corre 2025
7 Dec 2025

O Concello da Coruña organizará o venres 20 de febreiro a gala do XII Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, un evento que servirá para pechar a edición do 2025 e para presentar as novidades das carreiras previstas para o 2026.

A cita terá lugar no centro Ágora, a partir das 20:00 horas, e estará presidida pola alcaldesa, Inés Rey. O presentador habitual das probas, Xalo Maira, será o encargado de conducir a cerimonia. Durante o acto entregaranse os premios aos gañadores de cada categoría, así como un agasallo especial para aqueles corredores e corredoras que participaron en cinco ou máis das carreiras do circuíto.

Durante este ano, o circuíto estivo composto por sete carreiras populares: Torre de Hércules, Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, Os Rosales, Matogrande, Volta a Oza, Ventorrillo e Novo Mesoiro. En total, achegáronse ás 19.000 inscricións, cunha notable presenza feminina que representou case o 45 % dos participantes, evidenciando o crecemento da participación das mulleres no deporte popular e o avance cara á igualdade.

⚙ Configurar cookies
0.077884912490845