A Coruña móllase o 5 de xaneiro pola ELA con dúas probas solidarias
A cidade da Coruña prepárase para acoller o domingo 5 de xaneiro a XII Travesía Solidaria a nado pola ELA, un evento que terá lugar no paseo do Parrote e que combinará deporte e solidariedade para apoiar ás persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica.
Organizada en colaboración co Club Hércules-Termaria, a travesía ofrecerá dúas probas: un percorrido de 400 metros sen neopreno e outro de 1000 metros con neopreno. As inscricións, cun custo de 10 euros, xa están abertas na web de Travesía Costa. Ademais, as persoas que non poidan participar na auga teñen a opción de colaborar coa Fila Cero, un xeito simbólico de apoiar a causa.
O evento, que busca recadar fondos para a investigación da ELA e dar visibilidade a esta enfermidade, promete ser unha xornada chea de esperanza, sorteos e outras actividades que converterán o Parrote nun epicentro de solidariedade. Cada braçada contará nesta loita, baixo o lema "Xuntos somos máis fortes".