A Coruña lembra ás vítimas do Holocausto coa colocación de novos 'stolpersteine'

ACoruñaXa
A iniciativa forma parte dun proceso continuado de recoñecemento das persoas que sufriron o nazismo
apg_20250210_CASTRO_STOPERSTEINE_VICTOR_SAN_MIGUEL_010
10 Feb 2025

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e responsable do servizo de Memoria Histórica, presidiu o primeiro dos actos de colocación de novos ‘stolpersteine’ na cidade, que teñen como obxectivo recordar aos coruñeses deportados a campos de concentración nazis. Este acto forma parte das accións promovidas polo Concello de A Coruña e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) para conmemorar o Día Internacional en Recordo das Vítimas do Holocausto, que tiveron que ser adiados pola inclemencia do tempo.

"Desde o Goberno de Inés Rey somos conscientes do poder que teñen este tipo de actos para concienciar ás novas xeracións e evitar que os totalitarismos volvan a ter poder en Europa, por iso seguiremos promovendo a colocación de novos 'stolpersteine' na cidade ata que todos os coruñeses que sufriron a lacra do nazismo sexan recordados", afirmou Gonzalo Castro durante a súa intervención no acto celebrado no número 134 da avenida de Santiago Rey Fernández-Latorre, xunto á praza do Tebeo, onde se fixo un homenaxe á figura de Víctor San Miguel Prado.

Os actos continuaron co descubrimento de lastras en lembranza de outras vítimas do nazismo. A continuación, foron inauguradas as lastras de Víctor Manuel Conde Núñez (número 5 da rúa Cabana), Martín Ferreiro Álvarez (número 3 da rúa Mariscal Pardo de Cela) e Adolfo Bregua Mouriño (número 98 da avenida dos Mallos).

Ademais, está previsto que o martes 11, ás 11.00 horas se descubra a lastra dedicada a José Albedro Villaverde, no paseo das Pontes. O luns 24, ás 11.00 horas, será o turno da lastra de Clemente Juan de la Cruz García, en Zalaeta. As lembranzas tamén se estenderán a Manuel Fernández Tarragó, Francisco Tallón Charlón, Enrique Tallón Charlón e José Martínez Cacheiro, cuxos 'stolpersteine' serán colocados nas rúas da Torre, A Franxa e as Xubias de Abaixo, respectivamente.

A iniciativa forma parte dun proceso continuado de recoñecemento e lembranza das persoas que sufriron a barbarie do nazismo, reforzando o compromiso da cidade co recoñecemento da súa memoria histórica.

0.15776896476746