A Coruña homenaxea ás cantareiras Rosa e Adolfina Casás cun mural na Escola Infantil Luís Seoane

ACoruñaXa
Unha creación da ilustradora Tania Solla no marco da celebración do Día das Letras Galegas
corunha-homenaje
20 May 2025

A Escola Infantil Municipal Luís Seoane conta cun novo mural, unha creación da ilustradora Tania Solla que rende homenaxe ás cantareiras Rosa e Adolfina Casás, dúas figuras destacadas da tradición oral e musical galega. A obra forma parte das accións promovidas polo Concello no marco da celebración institucional do Día das Letras Galegas 2025 e alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada da inauguración.

O mural conta cun significado especial ao estar situado na escola onde exerce como directora a neta de Rosa Casás e sobriña de Adolfina Casás, un vínculo familiar que engade valor simbólico á iniciativa de recoñecemento posta en marcha polo Goberno local.

No acto de inauguración participaron tamén o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Ambos destacaron o compromiso do Concello da Coruña coa defensa e promoción da cultura galega, tanto desde o ámbito educativo como desde a acción institucional.

A inauguración do mural enmárcase nunha fin de semana de intensa actividade cultural na cidade con motivo do Día das Letras Galegas. Milleiros de persoas participaron en concertos, pasarrúas, representacións teatrais e outras actividades culturais que tiveron lugar en diferentes espazos públicos. Desde o Goberno municipal salientan a alta participación cidadá e o compromiso do tecido cultural coruñés, nunha das edicións “máis ambiciosas e participativas dos últimos anos”.

⚙ Configurar cookies
0.45712804794312