A Coruña dotarase dun novo posto de mando móbil para emerxencias e eventos

ACoruñaXa
1,38 millóns para modernizar ós bombeiros cun novo PMM, a ampliación do parque de Agrela e melloras do parque móbil
A CORUÑA puesto emergencias
30 Oct 2025

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o marco fiscal que permitirá financiar un plan de modernización do Servizo de Bombeiros por 1.377.963 euros. A actuación estrela será a compra dun novo posto de mando móbil (PMM), valorado en setecentos mil euros, destinado á xestión de emerxencias e grandes eventos municipais (como o San Xoán, onde se supervisa en tempo real a seguridade de máis de cento cincuenta mil persoas) e que substituírá o dispositivo actual da coiraza. O paquete inclúe, ademais, a ampliación do edificio do parque de Agrela para reubicar servizos administrativos (máis de catrocentos setenta mil euros), a adaptación do parque móbil ás novas ferramentas e normativa (setenta e cinco mil euros) e melloras no propio parque por máis de douscentos oitenta mil euros. Estes investimentos canalízanse a través da ordenanza de contribucións especiais ás compañías aseguradoras que operan na cidade, ao entender que a ampliación do servizo lles repercute de maneira directa.

No apartado fiscal, o Goberno local aprobou a revisión das ordenanzas nº 16, 43 e 45 (taxas por servizos en museos e instalacións culturais) introducindo redondeos á baixa para facilitar o pago e a xestión recadatoria, sen incremento de prezos. Tamén se actualizan as tarifas do Servizo de Axuda no Fogar, adaptándoas aos baremos autonómicos vixentes que a Xunta obriga a repercutir ás persoas usuarias. O concelleiro de Economía, José Manuel Lage, enmarcou estas decisións no compromiso do executivo de conxelar taxas e tributos en 2026, liña anunciada no pleno de outubro e coherente coa negociación aberta co BNG para afondar no marco normativo local.

⚙ Configurar cookies
0.073431015014648