A Coruña constitúe a comisión especial para supervisar a nova licitación do servizo de residuos

ACoruñaXa
A prioridade para o BNG é avanzar no proceso de adxudicación dunha concesión que asegure a continuidade de Nostián
comision-nostian
4 Jun 2025

O BNG da Coruña traslada que a Comisión Informativa Especial para o seguimento do proceso de licitación do servizo de tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos quedou formalmente constituída este mércores 4 de xuño. A sesión celebrouse no salón vermello do Pazo de María Pita, coa presenza dos grupos municipais.

A posta en marcha desta comisión responde a unha proposta presentada polo Bloque Nacionalista Galego no Pleno do pasado mes de marzo. A iniciativa, impulsada polo portavoz nacionalista Francisco Jorquera, contou co respaldo do grupo socialista, mentres que o Partido Popular votou en contra.

Desde o BNG sinalan que esta licitación representa o contrato máis relevante que o Goberno local debe acometer ao longo do actual mandato. Jorquera será o representante da formación nacionalista na comisión e destaca que a prioridade para o Bloque é avanzar no proceso de adxudicación dunha concesión que asegure a continuidade de Nostián como alternativa a Sogama.

A formación defende que o modelo de Nostián debe ter como obxectivo central a reciclaxe e a compostaxe, apostando por unha xestión de residuos máis sustentábel e centrada na recuperación de materiais.

⚙ Configurar cookies
0.064794063568115